Cargando....
Concello de Lugo
27/02/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Comeza un curso de alfabetización informática para inmigrantes


# Martes, 15/05/2007
Será do 21 de maio ao 1 de xuño no telecentro do Castiñeiro. A inscrición segue aberta

A Oficina de Atención a Persoas Inmigrantes realizará dende o luns un novo curso de alfabetización informática dentro das iniciativas postas en marcha por este servizo para a integración laboral deste colectivo.

O curso terá lugar entre o 21 de maio e o 1 de xuño polas tardes, concretamente de catro e media a sete e media. Isto suporá un total de 30 horas lectivas. Está dirixido a inmigrantes ou emigrantes retornados que carecen de coñecementos básicos sobre informática.

O curso desenvolverase no telecentro do Castiñeiro (situado na rúa Lamas de Prado) para quince persoas, que é o máximo que se admite nesta edición.

A inscrición está todavía aberta e pecharase cando se cubran todas as prazas. Esta pode realizarse no Servizo de Atención a persoas Inmigrantes situado no Centro Social Uxío Novoneyra, no segundo andar, ou no Centro Social da Milagrosa. Tamén pode utilizarse a vía telefónica nos números 982 21 87 50 e 982 20 63 37.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova