Imprimir

O SERVIZO MUNICIPAL DE PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS PROXECTA SEMPRE XONXA


16/5/2007 Será o venres, ás sete e media, no Uxío Novoneyra

O Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias continúa o venres cunha nova proxección do ciclo Alucine, subvencionado polo Plan Nacional de Drogas. A película elexida é “Sempre Xonxa”.

Este ciclo contempla 12 proxeccións de películas de varias nacionalidades, que rematan o próximo venres, día 25. Todas elas teñen un recoñecido prestixio, ao estar incluídas dentro do Plan Nacional contra as drogas.

As películas proxéctanse no salón de actos do Centro Social Uxío Novoneyra, entre as sete e media e as nove e media da tarde.

Sempre Xonxa é un filme sobre as consecuencias emocionais da emigración. Dous nenos, Pancho e Birutas, que viven placidamente na mesma aldea están platonicamente namorados de Xonxa. Pero un dos rapaces, O Birutas, ten que emigrar deixando a Xonxa e a Pancho na aldea. Cando O Birutas regresa da emigración, convertido nun home rico, Xonxa xa está casada.

A historia abrangue o período que vai de 1947 a 1986 e estrutúrase en catro episodios vencellado cada un a unha estación do ano. A primavera corresponde á infancia, o verán á adolescencia, o outono á madurez e á forzada emigración e o inverno á vellez e ó retorno.

Destaca a personaxe de Caladiño que entronca coa Galicia máxica dos contos populares.

A próxima semana remtará o ciclo co filme “Corre Lola, corre”.