Cargando....
Concello de Lugo
22/09/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Máis de 80 postos de venda conformarán a Feira de Produtos típicos de Entroido


# Xoves, 15/02/2007
Será na praza da Soidade o sábado pola mañá

Máis de 80 postos conforman a Feira de Produtos típicos de Entroido, que se celebrará, como é tradicional, o sábado pola mañá na praza da Soidade.

Esta feira está organizada polo Concello e a inscrición para participar na mesma continúa aberta até mañá, venres, que coincide co día de mercado. Actualmente, confirmaron a súa presencia 84 persoas.

Novamente venderanse nesta feira produtos típicos destas datas, como verduras de inverno, carne de cocho e repostería tradicional, como orellas e filloas. Tampouco faltarán outros produtos tradicionais da terra, que todos os anos complementan a oferta.

A feira abrirá as súas portas ás dez da mañá e ás doce está prevista a visita institucional dos membros da Corporación co Alcalde, José López Orozco, á cabeza. Nese momento entregaráselle un agasallo aos feirantes participantes.

A música das charangas Os Amigos de Manolo e Os Virtuosos do Tinto porán a tono festivo a esa mañá de Entroido.

A organización espera unha gran acollida por parte do público, tal e como sucedeu en edicións anteriores, nas que o público foi numeroso e as vendas satisfactorias.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova