Imprimir

COMEZA O CURSO DE ALFABETIZACIÓN INFORMÁTICA PARA INMIGRANTES O LUNS


18/5/2007 Organizado polo Concello, celebrarase no telecentro do Castiñeiro polas tardes até o 1 de xuño

A Oficina de Atención a Persoas Inmigrantes realizará dende o luns un novo curso de alfabetización informática dentro das iniciativas postas en marcha por este servizo para a integración laboral deste colectivo.

O curso terá lugar dende o luns e até o 1 de xuño polas tardes, concretamente de catro e media a sete e media. Isto suporá un total de 30 horas lectivas. Está dirixido a inmigrantes ou emigrantes retornados que carecen de coñecementos básicos sobre informática.

O curso desenvolverase no telecentro do Castiñeiro (situado na rúa Lamas de Prado) para quince persoas, que é o máximo que se admite nesta edición.

A inscrición está pechada pero os interesados en participar noutras iniciativas poden poñerse en contacto co Servizo de Atención a persoas Inmigrantes do Centro Social Uxío Novoneyra, no segundo andar, ou no Centro Social da Milagrosa. Tamén pode utilizarse a vía telefónica nos números 982 21 87 50 e 982 20 63 37.