Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde participa na presentación do número VII da revista Criterios


# Xoves, 15/02/2007
Este volume aborda o proxecto de reforma do estatuto de Galicia

O Alcalde, José López Orozco, participou na presentación oficial do número VII da revista Criterios, nun acto que se celebrou no Salón de Actos da Fundación Caixa Galicia ás oito da tarde do mércores.

O edil estivo acompañado polo Presidente da Fundación de Estudios Políticos e Sociales, Antonio Campos Romay; o presidente da Fundación Caixa Galicia, Mauro Varela; e o Vicerreitor de Calidade e Harmonización Europea e director da revista, Manuel Peralbo Uzquiano.

A revista Criterios Res Pública Fulget está editada pola Fundación de Estudios Políticos e Sociales en colaboración con Caixa galicia e a Deputación de A Coruña e se distribúe gratuítamente. Esta publicación galega naceu no ano 2002 cunha vocación de analizar a realidade social, económica e cultural de Galicia dende distintas perspectivas.

José López Orozco destacou de Criterios que "é unha revista que desperta inquedanzas e convida a reflexionar e a debatir" e que exemplifica a tolerancia e o respeto da cultura galega "na que caben todas as perspectivas". Todos os participantes coincidiron en salientar que, nun momento histórico tan complexo como o actual, é imprescindible que os distintos sectores sociales, partindo da pluralidade propia da democracia, sexan capaces de chegar a un consenso para atopar solucións aos problemas desta sociedade.


Este número está dedicado ao análise do proxecto de reforma estatutaria dende a diversidade. Trátase dunha escolma de traballos de personalidades de referencia nos campos do pensamento e da política como Dolores Villarino, Ismael Rego, Carlos Aymeirich, Xosé Manuel Barreiro ou Francisco Fernández del Riego, entre outros. O obxectivo deste volume é "plantexar as dificultades e as esperanzas do Estatuto coñecendo todas as opinións" tal e como indicou o director, Manuel Peralbo.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova