Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Continúa o programa de prevención de Drogodependencias San Ocio


# Venres, 18/05/2007
Estas actividades, organizadas polo Concello, estarán os sábados no Leiras Pulpeiro, A Ponte, Piringalla e Sagrado Corazón

O Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias continúa ese sábado co programa San Ocio, unha nova campaña coa que se pretende loitar contra a drogodicción mediante o uso do deporte e do ocio en xeral.

A actividade de “San Ocio” está programada para desenvolverse en catro puntos da cidade, específicamente nas zonas da Piringalla (IES Pirinagalla), en Lamas de Prado (IES Leiras Pulpeiro), no Sagrado Corazón (CEIP Sagrado Corazón) e na zona de San Lázaro (CEIP A Ponte). Os centros educativos facilitan para o proxecto as súas instalacións deportivas para as actividades de interior pero se considera que a súa execución e desenvolvemento pode realizarse tamén no exterior se o tempo o permite. O horario é de catro e media a sete e media da tarde todos os sábados até xullo, agás na Ponte, onde será pola mañá.

Este proxecto foi elaborado íntegramente polo Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias, adscrito á Concellería de Muller e Servizos Sociais, con cargo aos fondos pertencentes aos Bens Decomisados do Ministerio de Sanidade de Consumo, da Delegación do Goberno do Plan Nacional sobre Drogas.

As actividades deste programa de tipo lúdico e deportivo están centradas no predeporte, máis concretamente nunha serie de dinámicas para os barrios en base a circuítos de xogos e utilizando material de deporte alternativo, sen descartar os xogos clásicos, neste intento tratarase o fomento e a participación tamén do xénero feminino.

O programa desenvólvese todos os sábados de abril, maio e xuño, terminando coa clausura, torneos, exhibicións e entrega de agasallos. As actividades están coordinadas polos profesionais da Asociación “Deporte y Vida-Asociación de Deportistas”, que se encargan da coordinación xeral e da contratación de monitores para esas actividades. Hai dous monitores en cada unha das catro zonas durante as tres horas que dura a actividade.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova