Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Abre a inscrición para unha excursión á aula da natureza do Veral


# Luns, 21/05/2007
O día 30 haberá unha representación treatral do grupo formado no Concello, Velaí tes Teatro

O Concello de Lugo realizará unha viaxe á aula da natureza do Veral, organizada dentro das actividades de Animación Sociocultural da Concellería de Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre.

Esta excursión terá lugar o 20 de xuño, entre as dez e a unha da mañá, e o prazo de inscrición para a mesma realizarase os días 23, 24 e 25 deste mes, en horario de mañá (de dez a unha) e de tarde (de cinco a sete).

Esta excursión está destinada a toda a poboación a través dos centros sociais de Lamas de Prado, Fingoi, Uxío Novoneyra e Milagrosa, cun límite de oito prazas por centro.

A inscrición para esta actividade, totalmente gratuíta, pode realizarse nestes mesmos centros sociais, onde haberá que cumplimentar o boletín de inscrición.

TEATRO

Por outra banda, o día 30 deste mes, mércores, o grupo Velaí tes teatro, dirixido por José Blázquez, represntará a obra “Cousas de mulleres ou como tolear en tres actos”. A representación terá lugar ás sete e media da tarde no salón de actos do centro social Uxío Novoneyra.

Esta representación está aberta a todo o público e a súa entrada é libre e gratuíta, até completar o salón.

Velaí tes teatro é o grupo de adultos formado neste centro social mediante os obradoiros de teatro que se ofrecen de xeito habitual nas sucesivas programacións de animación, que mantén a Concellería de Benestar Social.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova