Imprimir

CASE 300 PARTICIPANTES INSCRITOS NO GRAN CONCURSO DE DISFRACES DO ENTROIDO


19/2/2007

O prazo de inscrición para participar no Gran Concurso de disfraces para adultos do Concello de Lugo pechou este luns ás dúas da tarde con preto de 300 participantes inscritos. Este concurso está organizado pola Concellería de Cultura e Turismo dentro da programación elaborada para estas festas do Entroido e terá lugar este martes a partir das cinco da tarde cun desfile polas rúas do centro histórico.

As bases do concurso establecen tres categorías:

- Na categoría de disfraces individuais están inscritos 7 concursantes.
- Na categoría de disfraces por parellas inscribíronse 9 parellas.
- E na categoría de comparsas formalizaron a súa inscrición un total de 18 comparsas que suman 260 participantes