Cargando....
Concello de Lugo
19/07/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello reparte hoxe 9.000 euros en premios no concurso de disfraces


# Luns, 19/02/2007
O tradicional desfile arrincará da praza da Soidade ás cinco da tarde para rematar na praza Maior, onde se celebrará o concurso

A praza Maior acolle hoxe o tradicional concurso de disfraces que se organiza con motivo das festas do Entroido e que é o prato forte do programa, que este ano estivo elaborado polas Concellerías de Cultura, de Muller e Benestar Social, de Xuventude e de Deportes.

En adultos este ano repartiranse un total de 9.000 euros en premios, con distincións para os tres primeiros clasificados nas tres categorías existentes: individual, parellas e comparsas. Ademais, haberá tres accesits na primeira categoría, cinco na segunda e sete na terceira.

No momento da deliberación do xurado actuará o grupo de teatro de rúa Scura Splats co espectáculo Flit.

Como en anos anteriores, o concurso terá lugar na praza Maior, pero os participantes sairán en desfile dende a praza da Soidade. O prazo para inscribirse neste concurso remata hoxe, luns, ás dúas da tarde. Esta ten que facerse na Concellería de Cultura, situada na Casa Consistorial.

Completará o programa a actuación das charangas Viño Branco, Os Virtuosos do tinto e Riazor.

O programa chegará ao seu final o mércores, 21 de febreiro, co tradicional Enterro da Sardiña, organizado pola Asociación Cultural Pepe Barreiro. Sairá do Círculo das Artes ás oito da tarde e rematará na praza maior onde se cantarán os tradicionais ferretes.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova