Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Os participantes no concurso de disfraces puxéronlle a nota de cor e creatividade ao Entroido


# Mércores, 21/02/2007
O Concello repartiu máis de 8.000 euros en premios

O Martes de Entroido acolleu o tradicional concurso de disfraces de adultos organizado pola Concellería de Cultura e Turismo que este ano contou con preto de 300 participantes. O bo tempo acompañou á tarde festiva e os concursantes desplegaron a súas dotes imaxinativas con vistosas creacións nun desfile seguido por numerosos lucenses.

O concurso, que repartiu 8.100 euros en premios, comezou coa categoría de disfraces individuais na que se inscribiron sete persoas. Nesta categoría establecéronse tres premios e catro accésits que repartiron 1.600 euros entre os agraciados, que foron os seguintes:
  • 1º Premio de 550 euros, para o disfraz A rebelión dos Hems.
  • 2º Premio de 400 euros, para o disfraz A Raíña Alacrán.
  • 3º Premio de 200 euros, para o concursante Ave do paraíso.
    Entre os participantes restantes repartíronse catro accésits de 150 euros cada un.

    Na categoría de disfraces por parellas presentáronse sete parellas, entre as que se repartiron os seguintes premios:
  • 1º Premio de 700 euros, que recibiu a parella de Seres Mitolóxicos.
  • 2º Premio de 600 euros, para os disfraces de A raíña do mel.
  • 3º Premio de 500 euros, co que se galardonou á parella de La Lola y El Junco.
    Os participantes restantes recibiron un accésit de 200 euros para cada parella.

    O desfile rematou co paseo das 15 comparsas que se presentaron. Preto de 250 persoas competiron nesta categoría que resultou por momentos moi espectacular debido aos elaborados e orixinais traxes deseñados.

    Entre os concursantes repartíronse 4.500 euros en premios do seguinte xeito:
  • 1º Premio de 1.000 euros, para a comparsa Por un mundo cheo de sorrisos integrada por trinta persoas de distintas idades.
  • 2º Premio de 800 euros, para os once membros da Family Montes.
  • 3º Premio de 600 euros, que foi para a Charanga dos Enanos formada por quince persoas.
    Os sete accésits de 300 euros cada un galardonaron as comparsas de: Vaia bichos, Os sinais de tráfico, Los Picapiedra, O bosque máxico, Feria a lo loco, Playmobil Pirata e Aldea Gala.

    O desfile foi pechado pola Aldea Gala que reproduciu a famosa aldea dos personaxes de cómic Astérix e Obélix. A típica escena da cena da victoria coa que finalizan as aventuras destes heroes galos foi representada nun camión que percorreu as calles do centro



  • Compartir:
    Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
    RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova