Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Os lucenses manifestan o seu apoio aos distintos aspectos do Entroido


# Mércores, 21/02/2007


Un total de 456 persoas participaron na enquisa da páxina web www.lugo.es sobre os diferentes aspectos do Entroido preferidos polos lucenses. Deste xeito, o 23,24% asegura gozar de todos os seus aspectos, aínda que o 103 (22,58%) inclínase pola gastronomía.

Ademais, uns 85 votos (o 18,64%) obtiveron os que prefiren o ambiente da rúa. Seguidamente, 71 (15,57%) votou polos disfraces e 67 (o 14,69%) polos concursos e desfiles. Por outra banda, 24 persoas afirman non ter un gusto especial polo Entroido.

A enquisa estivo activa dende o 14 de febreiro até esta mañá. Na web está aberta a participación nunha nova enquisa, na que se vota o lugar preferido para as prácticas deportivas.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova