Cargando....
Concello de Lugo
06/12/21
NOVAS
Escoita esta páxina

Os lucenses despídense do Entroido nun concorrido Enterro da Sardiña


# Xoves, 22/02/2007


 Os actos programados polo Concello de Lugo para festexar o Entroido 2007 remataron este mércores coa celebración do Enterro da Sardiña.

O Enterro da Sardiña partiu ás oito da tarde dende o Círculo das Artes e percorreu as rúas do centro histórico para rematar na Praza Maior coa lectura dos ferretes e a despedida ao Entroido ata o vindeiro ano. Este acto simbólico marcou o remate da exaltación da liberdade e da diversión do Entroido para dar paso á Cuaresma.

Os lucenses participaron neste concorrido adeus a Don Carnal marcado polo sentido do humor, a ironía e as bágoas de centos de viúvas. A comitiva do luto estivo acompañada por máis de dous mil lucenses que aproveitaron o bo tempo que acompañou á celebración.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova