Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Irina Bunkova actúa o venres no Círculo das Artes


# Xoves, 01/03/2007
Este concerto, que terá lugar ás oito e media, englóbase no programa da Sociedad Filarmónica

O programa de concertos 2006/07 da Sociedad Filarmónica de Lugo terá a súa continuidade, mañá, venres, coa actuación da soprano Irina Bunkova.

Esta actuación terá lugar, como é tradicional, no salón rexio do Círculo das Artes, a partir das oito e media da tarde.

A programación dos concertos, elaborada por este colectivo, que este ano cumpre 70 anos de existencia en Lugo, está subvencionada pola Concellería de Cultura do Concello de Lugo con 2.500 euros.

A tempada actual prolongarase ata o mes de xuño e nela se contempla a celebración de dez concertos, abrindo e pechando sempre coa actuación dunha orquestra.

Irina Bunkova, afincada en Lugo dende o 2002, naceu en terras siberianas no seno dunha familia humilde. Comezou os seus estudos musicais con cinco anos e non os deixou aínda, xa que actualmente estuda canto coa profesora Yolanda Montoussé Roldán, á vez que prosegue os de piano co profesor Emilio Cuesta en Oviedo.

Dentro da cidade de Lugo destacan diversas actuacións, moitas delas con carácter altruísta como a súas colaboración con grupos como Sólo Voces, co que gravou un disco; ou a Coral do Hospital Xeral-Calde.

A soprano estará acompañada ao piano por Francisco Damián Hernández, profesor de piano en varios conservatorios, aínda que desenvolve un importante labor como pianiosta acompañante.

Durante o concerto cantará pezas recoñecidas de compositores como Mozart, Bellini, Rachmaninov, Rimsky-Korsakov, Granados, Sorozábal e Barbieri.

O próximo concerto do ciclo terá lugar o día 16 de marzo e estará a cargo dos pianistas Antonio Queija e Juan Ignacio Martínez.

A información sobre o concerto pode consultarse na web municipal, www.lugo.es.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova