Imprimir

O PET PROMOCIONA LUGO COMO DESTINO TURÍSTICO NA FEIRA DE MILÁN


2/3/2007

Lugo, a través do Plan de Excelencia Turística, estivo presente a pasada semana na Feira Borsa Internationale del Turismo (BIT), que se celebra na cidade italiana de Milán para dar a coñecer todos os atractivos turísticos do noso municipio.

Os mostradores contaron coas publicacións habituais para tentar ao público italiano. Destaca entre estas a Guía de tapas e pinchos, destinada precisamente a poñer en valor os recursos relacionados coa mesa local; o folleto “Lugo, Saúde e Belleza”, destinado a dar a coñecer a oferta termal e de Spa da cidade e a Guía turística de accesibilidade. Presentáronse entre outros o folleto Lugo, Muralla Patrimonio de la Humanidad, que ofrece unha visión global dos atractivos turístico da cidade, e os folletos das cuatro rutas de sendeirismo acondicionadas no contorno da cidade, dentro do produto Lugo natural e activo.

Tanto os profesionais como o público en xeral, puideron atopar información editada en italiano, e se viron gratamente sorprendidos pola beleza monumental e paisaxística da cidade, segundo manifestaron ás profesionais do turismo que estiveron na feira.

As publicacións con máis éxito foron as guías gastronómicas, as rutas de sendeirismo e o Camiño Primitivo a Santiago. Os representantes de Turismo de Lugo tiveron varias entrevistas cos directores das oficiñas de turismo de Roma e Milán, fundamentalmente para recabar datos do mercado italiano e para poñer en marcha accións de promoción conxunta. Tamén se reuniron con varios turoperadores de turismo cultural que habitualmente visitan o norte de España, coa intención de incluír a Lugo nos seus circuítos.

Lugo espera que o mercado italiano, que ocupa o primeiro lugar dentro dos turistas estranxeiros que nos visitan, se fidelice e se espera nos próximos anos un incremento de turistas deste país emisor no segmento da cultura.

Máis de tres millóns de italianos viaxan a España e o 61,8% faino principalmente por vacacións, empregando para os seus desprazamentos o 75% o avión, fronte ao 14,2% que o fai en coche. Ademáis, máis do 60% de estos turistas viaxa sen paquete turístico organizado, aínda que o 75% emprega o hotel para aloxarse.

Neste sentido, detéctase un incremento "cada vez máis forte" da organización individual das vacacións. Por outro lado, as chegadas se concentran durante a temporada alta e a idade media do turista italiano se sitúa entre os 25 e os 44 años.

Turismo de Lugo asiste a esta feira coa intención de difundir Lugo como destino turístico e
incrementar a cuota do mercado italiano.