Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Unhas 20 parellas comezan o curso de baile do Servizo de Prevención de Drogodependencias


# Xoves, 31/05/2007


O Servizo Municipal de Prevención de Drogodendencias celebrará dende mañá, venres, un curso de baile de salón subvencionado polo Plan Nacional de Drogas dentro do programa +xtí.

Un total de 20 parellas, que xa teñen coñecementos de baile latino, comezarán o seu perfeccionamento para conseguir un diploma de asistencia, cunha duración de 45 horas.

O curso, totalmente gratuíto, celebrarase entre o 1 de xuño e o 20 de xullo en horario de nove a once os venres e os sábados de oito a once. A academia de baile Star Dance encargase das clases e porá o local para o curso, na Rúanova, 66, baixo. O día 21 de xullo levarase a cabo a clausura cunha exhibición e a entrega de premios.

As clases estarán a cargo de profesionais recoñecidos pola Federación Nacional e entregarase un diploma de asistencia de 45 horas. Incluiranse dentro do programa do curso samba, cha cha cha, pasodobre, rumba, bolero, jive, merengue, salsa e bachata.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova