Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello súmase aos actos de Carrefour para celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente


# Xoves, 31/05/2007
Haberá un concurso de debuxo e actividades o sábado no paseo do Miño para membros de tres asociacións de persoas con discapacidade

O Concello de Lugo sumarase un ano máis ao programa de actividades organizado por Carrefour con motivo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente.

A actividade consistirá nunha xornada de convivencia e integración de colectivos con discapacidade co medio ambiente. O obxectivo que persegue esta acción é sensibilizar sobre o respecto ao medio ambiente e a inclusión das persoas con discapacidade nun espacio natural de convivencia que potencie as habilidades sociais e educativas dos escolares, así como promover a autonomía persoal destes colectivos.

O día 2, sábado, realizarase polo tanto esta xornada no Paseo do Miño con diferentes talleres e animadores socioculturares para membros das asociacións Aspace, Síndrome de Down e Cruz Vermella. O prazo forte será o concurso de debuxo co que se rematarán as actividades, antes do xantar, que terá lugar no restaurante deste centro comercial.

Como o pasado ano, a entrega de premios se realizará no Concello de Lugo o día 5 de xuño, coincidindo coa celebración.

Na presentación do acto de hoxe estiveron presentes Óscar Casado, de Carrefour; Inés Pérez, de Aspace; Esther Engroba, Directora do centro de paralíticos cerebrais e dano cerebral, e Delfina Pérez, da asociación Síndrome de Down.

Está prevista a participación de entre 20 e 30 rapaces membros destas tres asociacións.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova