Imprimir

UNS 500 LUCENSES PEDIRON INFORMACIÓN PARA AS AXUDAS DA LEI DE DEPENDENCIA


31/5/2007 O Concello mantén aberta no Centro Social Uxío Novoneyra unha oficina de información

A Concelleira de Muller e Benestar, Carmen Basadre, explicou hoxe que un total de 500 persoas solicitaron xa información e recolleron os impresos necesarios para poder solicitar as axudas e subvencións propias da lei de Dependencia.

Carmen Basadre lembrou que o Concello ten aberta unha oficina informativa sobre este particular que neste tempo leva xa traballado sobre cen casos. O resto de información foi solicitada nos centros sociais a través das traballadoras.

Esta oficina está aberta todas as tardes de luns a xoves, entre as catro e media e as sete e media, na terceira planta do Centro Social Uxío Novoneyra.

A Concelleira lembrou también que a lei especifica que esta primeira anualidade é só para aqueles casos de dependencia grave e de prioridad 1. Suliñou tamén que as persoas que se atopen nesta situación non deixen de cursar a súa solicitude.