Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Os centros sociais clausurarán dende o luns o programa de animación sociocultural


# Venres, 01/06/2007
Comezarán no Centro Social Lamas de Prado

O Concello de Lugo celebrará durante a próxima semana a clausura do programa de animación sociocultural dos centros sociais, que se desenvolveu na cidade dende o mes de outubro.

Os actos de clausura celebraranse todos os días da semana ás doce da mañá. O luns será a vez do Centro Social Lamas de Prado, o martes do Uxío Novoneyra, o mércores do Sagrado Corazón, o xoves en Fingoi e o venres na Milagrosa.

Nestes pequenos actos de clausura está prevista a participación dos habituais dos obradoiros e do resto de actividades celebradas. Ademais, abrirase unha pequena mostra con estes traballos.

Durante este semestre, miles de persoas teñen participado nos diferentes centros sociais nas actividades organizadas. Cursos de formación, de ocio e de aprendizaxe, xunto con cine e todo tipo de actuacións confirmaron un programa amplo e moi variado.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova