Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Pecha o prazo de solicitude de axudas para transporte ás persoas con dificultades de mobilidade


# Luns, 04/06/2007


A Concellería de Muller e Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre, pecha mañá, martes, o prazo de solicitude de axudas económicas para persoas con discapacidade física e afectadas de graves dificultades de mobilidade para gastos do transporte en taxi adaptado-exercizo 2007 aprobadas por Decreto da alcaldía nº 57/2007 do libro de resolucións en materia de contratación-fomento.

As bases reguladoras deste tipo de axudas publicáronse no BOP nº 102 do venres, 4 de maio de 2007, e están expostas no Tabolerio de Edictos deste Concello (Edificio de Servizos Administrativos), durante o prazo dun mes, é dicir até o día 5 de xuño. Tamén poden consultarse na web municipal, www.lugo.es.

As personas interesadas poden presentar antes de mañá solicitudes, en modelo oficial, no Rexistro Xeral de Entrada de documentos do Concello de Lugo.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova