Cargando....
Concello de Lugo
29/11/21
NOVAS
Escoita esta páxina

Pecha o prazo de matrícula na gardería municipal


# Mércores, 06/06/2007


Esta fin de semana remata o prazo de matrícula na Escola Infantil Serra de Outes para o curso 2007/2008.

A lista definitiva cos admitidos, que foi publicada o día 1, pode consultarse na propia Escola Municipal, situada na rúa Serra de Outes, no taboleiro de anuncios do Edificio de Servizos Administrativos e no Servizo de Educación, situado no Centro Social Uxío Novoneyra.

Ademais, os interesados poderán poñerse en contacto co teléfono de información municipal 010 (297 350 se chaman dende fóra do territorio municipal).

Para formalizar a matrícula é necesario presentar no centro un informe médico do menor co estado de vacinacións, a fotocopia da tarxeta sanitaria, dúas fotografías e os datos bancarios. De non presentar esta documentación, darase por anulada a praza. Ademais, todos os admitidos terán unha reunión o día 28, ás oito da tarde, para coñecer o centro.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova