Imprimir

ALCER LUGO ENTREGA O CARNÉ DE DOANTE Ó ALCALDE E ÓS VOCEIROS DOS GRUPOS POLÍTICOS PARA AUMENTAR A CONCIENCIACIÓN


6/6/2007 Este mércores celébrase o Día Internacional do Doante

O Alcalde de Lugo e os voceiros dos grupos políticos municipais recibiron de mans de Delia Lorenzo, Presidenta de ALCER Lugo, un carné simbólico de doante para conmemorar a celebración do Día Internacional do Doante que se está a celebrar hoxe. Este acto foi froito da petición de ALCER Lugo e en representación de FATEGA (Federación de Asociaciones de Enfermos y Trasplantados de Galicia), da que son membros fundadores.

O Alcalde e a Presidenta de ALCER fixeron fincapé na concienciación das familias para salvar outras vidas. Delia Lorenzo explicou que en Lugo as negativas son maiores que no resto de Galicia, o que prexudica ós enfermos que agardan por un órgano. Sen embargo, España segue a ser pioneira no mundo na doazón de órganos.

Como cada ano, ALCER instala mesas petitorias pola cidade e atende ós medios de comunicación, sen embargo nesta ocasión solicitaron que o acto principal da campaña de doazón de órganos estivera protagonizado polo Alcalde e os máximos representantes de todos os partidos políticos.

Para celebrar esta data, tamén o Parlamento autonómico acolleu onte un pleno conmemorativo desta data e chamou a exercer a solidariedade.

Para máis información, os interesados en doar poden contactar coa Oficina de Coordinación de Transplantes de Galicia: 981 54 28 63.