Imprimir

O CONCELLO ORGANIZA UNHA EXCURSIÓN PARA MAIORES A SAN ANDRÉS DE TEIXIDO E ESTACA DE BARES


16/7/2007 A viaxe terá lugar o mércores 18 de xullo

A Concellería de Muller e Servizos Sociais organiza para este mércores, día 18 de xullo, unha excursión para maiores a San Andrés de Teixido e a Estaca de Bares.

Un total de 49 maiores inscribíronse nesta actividade organizada no Programa de Verán de Animación Sociocultural da Concellería de Muller e Servizos Sociais.

A saída terá lugar ás 8 da mañá desde o recinto do Parque da Milagrosa e o regreso será ás 19:00 horas. Pola mañá visitarán o santuario de San Andrés de Teixido e o faro de Estaca de Bares. Despois do xantar, gozarán dunha tarde de lecer nesta vila da Costa da Morte.