Cargando....
Concello de Lugo
04/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Un cento de lucenses participan nas clases de Tai-Chi ao aire libre que se celebran nos parques da cidade


# Martes, 17/07/2007


O pasado 2 de xullo, comezou a actividade de Tai-Chi ao aire libre organizada pola Concellería de Muller e Servizos Sociais dentro da Programación Sociocultural de Verán. Esta actividade xa se celebrou o pasado ano e recibiu unha exitosa acollida entre os lucenses, o que motivou ao Concello a ampliar o horario das clases a catro días semanais nesta nova edición.

Este verán, o Tai Chi ao aire libre impártese os luns e os mércores de 10:30 a 11:30 horas no Parque de Rosalía, e os martes e os xoves de 19:30 a 20:30 horas no Parque da Milagrosa. Preto dun centenar de lucenses están a participar nesta saudable actividade importada do lonxano Oriente.

Esta disciplina milenaria non tén ningunha contraindicación médica polo que está recomendada para persoas de todas as idades. A súa práctica favorece a elasticidade corporal, a coordinación de movementos e o sentido do equilibrio, ademais de fomentar a serenidade.

Para poder participar non é preciso inscrición previa, ademais é unha actividade aberta ao público e gratuíta. Os interesados en asistir só teñen que presentarse nas clases con ropa e calzado cómodo e con vontade de relaxarse.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova