Cargando....
Concello de Lugo
30/05/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Quince parellas protagonizan a clausura do curso de baile organizado polo Concello cunha exhibición de ritmos latinos


# Venres, 20/07/2007
O espectáculo terá lugar este sábado ás 19:00 horas no Polideportivo de Frigsa

Este sábado, día 21 de xullo ás 19:00 horas, terá lugar no Polideportivo de Frigsa a clausura do Curso de formación especializada en baile latino, organizado polo Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias. Esta actividade está encadrada dentro do programa +xti e foi subvencionada polo Plan Nacional de Drogas.

As quince parellas que realizaron o curso protagonizarán unha exhibición de baile de ritmos latinos na que amosarán o talento adquirido ao longo destes dous meses de aprendizaxe. Os bailaríns estarán acompañados polos especialistas da Escola de Baile Star Dance, centro no que se desenvolveu esta acción formativa, que tamén realizarán unha mostra de danza.

Este acto de clausura está aberto ao público en xeral e a entrada é gratuíta. O Concello entregará un diploma acreditativo a cada alumno participante.

O curso comezou o pasado 1 de xuño e remata hoxe, día 20 de xullo. As clases celebráronse todos os venres de 21:00 a 23:00 horas, e os sábados de 20:00 a 23:00 horas. Durante estas 45 horas de formación, os alumnos aprenderon os pasos de bailes como o Cha-cha-chá, a Samba, o Pasodobre, a Salsa, o Jive, a Rumba ou a Bachata.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova