Cargando....
Concello de Lugo
11/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias proxecta o filme Cielo de Octubre


# Luns, 23/07/2007
Forma parte do ciclo de Cine de verán na rúa

O xoves 26 de xullo o Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias continúa co seu Ciclo de Cine de Verán na Rúa coa proxección da película Cielo de Octubre.

Terá lugar na Praza do Castiñeiro ás 22:30 horas e será a terceira proxección deste ciclo que continúa o 9 e o 23 de agosto. Nesta ocasión, debido á excelente resposta que está a ter da cidadanía, contará ademais cun servizo gratuíto de palomitas de maiz para os asistentes.

O Servizo de Prevención de Drogodependencias continúa co seu proxecto de concienciación social dos máis novos, mediante o cine e a proxección de filmes cunha mensaxe de superación e de loita na vida para acadar metas.

Nesta ocasión proxectan Cielo de Octubre, dirixida por Joe Johnston. A historia desenvólvese na pequena cidade mineira de Coalwood, West Virginia, no 1957. Todos os rapaces saben que acabarán traballando nas minas de carbón cando se fagan maiores e Homer Hickman non ten ningunha razón para pensar que o seu caso vai a ser diferente.

Ó non ter un físico forte para conseguir unha beca de fútbol como o seu irmán, Homer non tería ningunha posibilidade de escapar dunha vida predeterminada, se non fora porque o satélite soviético Sputnik atravesa o ceo de outubro e dalle un xiro a todo.

Coa axuda de tres amigos, Homer decide construir e lanzar un cohete, un proceso inicialmente cheo de fracasos que, sen embargo, servirá para convencer a todos os habitantes de Coalwood de que incluso alí é lícito soñar coas estrelas.

A pandilla contará coa oposición do pai de Homer, aínda que o respaldo da súa nai e da profesora de química e física, a señorita Riley, daralle ánimo na súa ambición por conquistar o espacio.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova