Cargando....
Concello de Lugo
15/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo, seleccionado para formar parte dunha alianza internacional de prevención da drogodependencia


# Luns, 23/07/2007
A primeira xuntanza do Comité Executivo será este martes mediante videoconferencia

A cidade de Lugo foi seleccionada por recomendación da Delegación do goberno do Plan Nacional sobre Drogas de España, para integrar o Comité Executivo da nova rede multilateral “Alianzas estratéxicas entre América Latina e o Caribe para mellorar o tratamento e rehabilitación da dependencia de drogas”.

Trátase dunha iniciativa de colaboración entre a Comisión Europea e a Comisión Latinoamericana para o Control e o Abuso de Drogas (CICAD), da Organización de Estados Americanos.

Este Comité estará integrado por: Lugo, representando a España, Santo Domingo (República Dominicana), Montevideo (Uruguai), Edimburgo (Reino Unido) e Göteborg (Suecia).

A cidade de Lugo foi seleccionada polo bo traballo realizado dende o Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias no eido da formación e da prevención. Xa no mes de xaneiro Lugo fora seleccionada para a formación dos primeiros técnicos de prevención para Rumanía.

A primeira xuntanza oficial na que se presentarán os representantes de cada país, terá lugar mediante videoconferencia o martes día 24 de xullo ás 16:00 horas no Concello de Lugo.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova