Imprimir

A REVISTA VIRTUAL FOEMINAS PUBLICA UN NOVO NÚMERO


23/7/2007 Os seus lectores xa a poden ler na web municipal

A revista Foeminas publica un novo número que xa se pode ler na páxina web. Esta publicación virtual que cumpre este mes o ano e edio de vida, chega ao número dezaoito da súa andaina.

Este número tén un carácter moi especial, pois supón un reto despois do éxito de lectores acadado ao longo do ano pasado con 24.067 visitas.

O sumario deste 18º número aborda os seguintes temas:

- Repodúcese a primeira entrega das charlas do I Encuentro de Poetas Galegas: Palabras de Mulleres, organizado pola Concellería de Muller e Servizos Sociais os días 9,10 e 11 de maio.
- No apartado de Historia de Mulleres publícase a segunda parte da vida e a obra da escritora Emilia Pardo Bazán.
- Na Galería de Arte trátase a obra da pintora Leonora Carrington polo seu 90 aniversario de vida.
- Na Portada presenta a reportaxe “Saber lo que es al fin la libertad” na que se lembran os trinta anos de democracia e a súa relación coa vida das mulleres. Tambén publícase un artigo titulado “Sexualidad e violencia masculina” escrito por Pedro Adrados Vázquez da Asociación Homes Abolicionistas.
- Tamén inclúese o documento Viaxeras no que se presenta a viaxe “Aroma de gas” de Nuz Vázquez, unha reporteira que se adentrou no corazón do conflito no Oriente Medio.


- Na sección Contemporáne@ preséntase a obra da artista Fina Eirós e no apartado Mullerciclopedia, reflexiona sobre a obra de teatro Imperium interpretada exclusivamente por actrices e posta en escena pola exitosa compañía La Fura dels Baus.
- Para pechar esta nova entrega mensual, en MullerRecetario publícase unha exquisita maneira de cociñar a “coca mallorquina” por Gema Rodríguez Agüero.