Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Servizo de Intérpretes do Concello prestou máis de medio cento de servizos desde a súa posta en marcha en maio


# Martes, 24/07/2007


O Servizo de Intérpretes para persoas xordas, que a Concellería de Muller e Servizos Sociais puxo en marcha o pasado mes de maio, leva atendidas 52 solicitudes. Este é un servizo gratuíto promovido polo Concello para fomentar a integración social das persoas xordas.

Máis de trinta particulares recibiron o servizo dun intérprete para realizar actividades diversas da vida cotiá como: pedir citas previas no Sergas, realizar trámites administrativos no INSS e no edificio multiusos da Xunta de Galicia, particicipar en reunións de veciños ou asistir a acto socioculturais na Fundación Caixa Galicia.

Oito dos servizos prestados foron solicitados por distintas asociacións e institucións locais para distintos actos sociais. Deste xeito, a Asociación de Xordos de Galicia requeriu a asistenza dun intérprete para distintos actos da festa de Arde Lucus MMVII e a Asociación de Familiares e Enfermos de Alzeimer para unhas xornadas no Pazo de Feiras e Exposicións. O Concello de Lugo solicitou o servizo dunha intérprete para a inauguración da Casa da Asociacións.

Os cidadáns que precisen solicitar o servizo dun intérprete poden realizar a súa petición a través do Servizo 010 do Concello de Lugo, ben a través dunha chamada gratuíta de teléfono ou a través do correo electrónico desde a web.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova