Cargando....
Concello de Lugo
12/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello organiza un Curso de Primeiros Auxilios en caso de drogadicción


# Domingo, 29/07/2007
O prazo de inscrición abre o luns, día 30 de xullo

Servizo de Prevención de Drogodependencias do Concello de Lugo organiza un Curso de Primeiros Auxilios en caso de drogadicción. Esta acción formativa é gratuíta e vai dirixida a mozos e mozas menores de 35 anos.

O seu programa educativo busca establecer unhas nocións básicas para aplicar primeiros auxilios en xeral, pero sobre todo, para poder auxiliar en caso de intoxicaciones por abuso de drogas. O prazo de inscrición abre o luns, día 30 de xullo, e a solicitude poderá formalizarse ata o 3 de agosto nas oficinas do Servizo de Prevención de Drogodependencias, no 3º andar do Centro Social Uxío Novoneyra, entre as 9:00 e as 14:00 horas.

O curso oferta un total de 40 prazas distribuídas en dous grupos de vinte alumnos. O primeiro grupo desenvolverá as clases entre o 6 e o 10 de agosto en horario de 11:00 a 13:00 horas. A segunda quenda terá lugar entre o 20 e o 24 de agosto no mesmo horario.

O curso ten unha duración de dez horas e as clases terán un carácter teórico e práctico para que os alumnos aprendan a solucionar correctamente situacións de emerxencia. Na parte teórica centraranse na adquisición de coñecementos básicos sobre os distintos tipos de drogas e dos seus efectos no corpo humano. Mentres, na fase práctica, os participantes simularán a aplicación de primeiros auxilios en casos de distintas intoxicaciones por drogadicción.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova