O Auditorio Gustavo Freire acollerá o sábado, día 10, unha actuación de danza, organizada pola Concellería de Cultura, que dirixe Concepción Burgo.
Esta actuación, que leva por título Vacuo, estará a cargo do Centro Coreográfico Galego e conta coa dirección de Maruxa Salas.
As entradas para esta actuación están á venda dende hoxe a un prezo reducido de 3, 5, e 7 euros, dependendo da zona escollida no Auditorio.
A compra das entradas pode facerse a través da taquilla electrónica de Caixanova, no número de teléfono 902 504 500. Como é habitual, tamén se venderán unha hora antes do comezo do espectáculo no propio Auditorio.