Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O espectáculo de danza Vacuo chega o sábado ao Auditorio lucense


# Luns, 05/03/2007
As entradas están xa á venda na taquilla electrónica de Caixanova

O Auditorio Gustavo Freire acollerá o sábado, día 10, unha actuación de danza, organizada pola Concellería de Cultura, que dirixe Concepción Burgo.

Esta actuación, que leva por título Vacuo, estará a cargo do Centro Coreográfico Galego e conta coa dirección de Maruxa Salas.

As entradas para esta actuación están á venda dende hoxe a un prezo reducido de 3, 5, e 7 euros, dependendo da zona escollida no Auditorio.

A compra das entradas pode facerse a través da taquilla electrónica de Caixanova, no número de teléfono 902 504 500. Como é habitual, tamén se venderán unha hora antes do comezo do espectáculo no propio Auditorio.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova