Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Valoracións finais Lugostock 2007


# Luns, 05/03/2007
Nota de prensa remitida por Gesticultura

Número de visitantes (estimación)

Estímase un número aproximado de entre 14.000 e 15.000 persoas sendo os días de maior afluencia o sábado día 3 e sobre todo hoxe domingo onde se calcula aproximadamente un total de 8.000 persoas.

Valoracións en conxunto

Dende a organización de LugoStock 2007 a valoración en conxunto é moi positiva e satisfactoria xa que esta edición, a oitava, supón o record de asistencia dos tres últimos anos.

Ao éxito en canto a afluencia de público se lle engade o aumento do número de expositores con respecto á pasada edición (de trinta a máis de 50). Nesta edición de 2007 a opinión xeral de visitantes e expositores é satisfactoria, cun éxito de ventas xeralizado.

En canto aos aspectos máis relevantes da feira, destaca a área destinada este ano por primeira vez a coleccionismo e almoneda. Ademais, consolídase a asistencia de expositores relacionados co sector textil e do calzado así coma o dos electrodomésticos e a ferretería.

Podemos concluir que se pode falar da consolidación dun mercado da oportunidade no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo que cada ano atrae a cada vez máis visitantes. Nesta edición, o mal tempo que acompañou ao fin de semana, así como a gratuidade da entrada, foron factores decisivos que propiciaron este éxito de ventas e afluencia. Sen esquecer, claro, a variedade de productos e prezos que os visitantes puideron atopar.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova