Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O ciclo de Cine ao Aire Libre continúa coa proxección da película Mr. Deeds


# Luns, 06/08/2007
Terá lugar o xoves, 9 de agosto, na Praza do Castiñeiro

O ciclo de Cine ao Aire Libre continúa este xoves, 9 de agosto, coa proxección da película “Mr. Deeds”. Esta actividade, que terá lugar na Praza do Castiñeiro a partir das 22:30 horas, está encadrada na programación de actividades de verán desenvolta pola Concellería de Muller e Servizos Sociais.

Esta iniciativa foi deseñada polo Servizo de Prevención de Drogodependencias coa finalidade de ofrecer durante o verán unha alternativa de ocio aos mozos lucenses e ao público en xeral.

Este é o cuarto filme deste ciclo de cinco películas que rematará o vindeiro día 23 de agosto. Esta actividade é gratuíta e a organización repartirá entre todos os asistentes flocos de millo e botellíns de auga.

A película “Mr. Deeds” está baseada no clásico “Mr. Deeds Goes To Town”, premiado cun Óscar en 1936 e dirixido por Frank Capra. Esta revisión do filme interpretado por Gary Cooper foi realizada en 2002 polo director Steven Brill. Os actores Adam Sandler e Winona Ryder protagonizan esta comedia romántica.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova