Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Outorgados os premios do certame de narrativa Ánxel Fole


# Martes, 06/03/2007
Se presentan 43 obras escritas en galego e 50 en castelán

O xurado do premio Anxel Fole, que organiza a Concellería de Cultura e Turismo, que dirixe Concepción Burgo, ofreceu hoxe o resultado da súa deliberación de onte sobre os dous gañadores nas dúas categorías. Nesta novena edición presentáronse ao concurso de narración curta 43 obras en galego e 50 en castelán.

Na categoría de castelán resultaron gañadores:

1.- Jaume Calatayud Ventura, de Tarragona, pola obra titulada “Ella, claro, como es tan simple”.

2.- Manuel Terrín Benavides, de Albacete, polo relato “Muchacha bella en la oscuridad”.

Na categoría de galego o xurado recoñeceu o traballo de:

1.- Xosé Luis Vázquez Somoza, de Guntín, pola obra “Nube de seda na lúa”.

2.- Ramón Noche Fraga, veciño de Lugo, pola obra “Un tinteiro no ceo de inverno”.

O certame está dotado, en cada unha das modalidades, con dous premios de 900 e outros dous de 450 euros, para o primeiro e o segundo clasificado en cada unha das categorías.

O certame está xa consolidado como un premio suficientemente importante a xulgar polo número de participantes, que é moi elevado todos os anos. De feito, esperta moito interese non só en Galicia senón no ámbito nacional. De feito moitos dos gañadores son doutras comunidades.

Para darlle máis relevancia ao premio, e seguindo o costume dos últimos anos, publicaranse os 4 relatos gañadores para darlle maior distribución ás obras.

O xurado da categoría de galego estivo formado por Iván García Campo, primeiro premio en galego da VIII edición; Isidro Novo, escritor lucense; Xerardo Quintiá, poteaa e narrador, e a Concelleira. Do traballo gañador destacaron a súa calidade narrativa sobre unha temática complexa como é a vivencia dunha enfermidade sen cura. Consideraron esta obra un reflexo de literatura social sen caer en falsos sentimentalismos. Do segundo clasificado destacan a arte de convertir en transcendente algo banal.

Na categoría de relatos en castelán actuaron como xurado Javier Pérez, o primeiro premio da oitava edición; a escritora Teresa G. Senra, o editor Carlos Coira e a Concelleira.

Do gañador do certamen destacaron a calidade narrativa, a ironía e a narración coral que penetra na natureza humana e do segundo clasificado destacaron a administración do tempo narrativo.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova