Cargando....
Concello de Lugo
16/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Servizo Municipal de prevención de Drogodependencias publicou unha guía de primeiros auxilios en caso de drogadicción


# Luns, 06/08/2007
A publicación informa sobre as pautas de actuación básicas en caso de emerxencia

A Concelleira de Muller e Servizos Sociais, Carmen Basadre, e Lorena López Mera, membro do Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias, presentaron hoxe a “Guía de Primeiros Auxilios en caso de Drogadicción” .

Este manual é o resultado da necesidade da poboación en formación en primeiros auxilios e información sobre a problemática das drogodependencias, efectos e consecuencias do consumo.

A guía, da que se repartirán 1.500 exemplares, recolle unha clasificación das drogas así coma un breve diccionario que aclara os termos que poden ser confusos para a maioría da poboación como: delirium tremens, alcoholemia e alcoholismo, policonsumo…

Pero o apartado máis relevante da guía refírese aos primeiros auxilios para poder prestalos en caso de emerxencia. É unha guía eminentemente práctica na que se recollen numerosas imaxes e explicacións gráficas para que quede ben claro cómo actuar en situacións de risco relacionadas coa drogodependencia.

A guía contén unha lista de teléfonos de interés daquelas entidades que, na cidade e na provincia de Lugo, realizan labores de prevención e tratamento que poden resultar útiles na loita contra a drogodependencia.

Balance do Servizo no primeiro semestre do ano

Carmen Basadre tamén deu a coñecer os datos do servizo no primeiro semestre do ano 2007. Un total de 46.630 lucenses recibiron algún tipo de formación e información do Servizo de Prevención no que vai de ano. Pola súa banda, a páxina web recibiu dende xaneiro 28.584 visitas.

Os talleres de prevención de drogas na Educación Secundaria Obrigatoria (rapaces entre 12 e 16 anos) contaron cunha poarticipacióin de 2.525 alumnos, mentras que os talleres de prevención para pais e nais en horario extraescolar tiveron unha asistencia de 235 pais.

Ademáis de manera directa, telefónica ou a través de internet atendeuse a un total de 85 pais e nais da cidade.

O programa de ocio nos barrios a fin de semana contou cunha asistencia de 250 mozos.

Neste momento o Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias está a impartir un Curso de Informática no Telecentro do Castiñeiro. Ata o 30 de agosto 15 mozos recibirán nocións básicas de deseño. No mesmo centro estase a impartir o Curso de Orientación Laboral: Técnicas de emprego e elaboración do currículo, no que participan outros 15 mozos ata o 30 de agosto.

A Concelleira valorou positivamente a alta actividade do Servizo, pero non deixou de facer un chamamento aos pais e nais para que, como persoas responsables, acudan ao mesmo para obter información e solucionar a tempo posibles problemas cos seus fillos. Tamén animou ós máis novos a participar nas distintas actividades organizadas para que a cidade conte cunha mocidade sana.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova