Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello pon en marcha un novo sistema de información dixital para difundir as actividades culturais


# Martes, 13/03/2007


A Concellería de Cultura de Turismo, dirixida por Concepción Burgo, aposta por un novo sistema de información dixital para difundir as actividades culturais do municipio, sexan municipais ou non.

O mecanismo consistirá na difusión de programas e actos culturais a través dos correos electrónicos das persoas que estean interesadas e tamén na publicación dunha axenda virtual na web do Concello. Esta axenda recollerá todas as actividades relacionadas co mundo da cultura e do ocio (concertos, obras de teatro, exposicións, ciclos de conferencias, cursos…) co fin de facilitar o acceso dos lucenses a todas as iniciativas que se desenvolven na cidade.

Para acadar unha difusión total, o Concello convida a todos os lucenses e institucións, asociacións, entidades, propietarios de salas de arte... a que envíen os seus datos de contacto a través dun formulario que atoparán na web municipal www.lugo.es para transmitirlles periódicamente a información cultural.

Ao mesmo tempo, todas aquelas institucións, entidades e particulares que organicen actos culturais terán á súa disposición outro formulario para poder enviar a súa información. A Concellería de Cultura elaborará unha axenda con todas as citas da cidade, que serán promocionadas a través da web.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova