Imprimir

O CONCELLO ORGANIZA UNHA EXCURSIÓN A PONTEVEDRA DENTRO DAS ACTIVIDADES DE VERÁN


7/8/2007 A viaxe terá lugar este mércores, día 8 de agosto

A Concellería de Muller e Servizos organiza unha excursión a Pontevedra e á praia de Montalvo, encadrada na programación de actividades de verán. Esta é a terceira excursión de verán que se programa, despois das viaxes a Ferrol e a San Andrés de Teixido, as cales realizáronse no mes de xullo.

Un total de corenta e nove persoas inscribíronse para paticipar nesta actividade que os levará a Pontevedra, onde realizarán unha visita ao Museo Provincial de Pontevedra guiada polo Gabinete de Didáctico do museo, e gozarán dunha tarde de ocio na praia de Montalvo.

A saída terá lugar ás 8:00 horas desde a rúa San Marcos e o regreso será ás 19:00 horas.