Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

60 produtores participarán na primeira feira internacional do moble en Lugo


# Venres, 16/03/2007
O Alcalde destacou que a elevada participación de fabricantes augura un grande éxito da feira FIMOBLE

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Director da Feira, Juan Carlos López González, e Rubén López, Xerente da Fundación Ferias, presentaron FIMOBLE, a primeira feira internacional do moble que terá lugar no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo entre o 26 e 29 de abril. López Orozco destacou que a elevada participación "xa augura o éxito no que se refire á exposición" desta feira que pretende ser a máis importante de Galicia dentro do sector.

"Somos unha provincia que produce moita madeira, con empresas importantes no sector, con exportacións notables... pero non tiñamos unha feira do moble, sobre todo para facilitar os contactos entre profesionais do sector", explicou o Alcalde. Con estas razóns de peso, e despois de acadar a unión necesaria do sector, nace FIMOBLE.

Aproximadamente 60 profesionais do sector -todos eles fabricantes- procedentes de diversas cidades españolas, portuguesas e posiblemente unha italiana amosarán as últimas tendencias. Dos días 26 ó 28, a feira estará dixirida en exclusiva ós profesionais. O 29 abrirá as súas portas ó público en xeral cunha entrada simbólica de 1 euro.

O Alcalde animou ós participantes porque "Lugo ten un mercado que non debemos deixar que outros nolo cubran ou, cando menos, temos que competir en calidade e neste bo recinto". O número de expositores será elevado. O 100% do espazo do recinto feiral xa está ocupado, outras 9 empresas agardan na lista de espera e os organizadores están a recibir chamadas para participar.

López Orozco amosou a súa satisfacción porque "o recinto feiral de Lugo, nun horizonte próximo, pode ser capaz de xerar ingresos para afrontar gastos. Pero, senón paga a pena investir porque se lle devolve á cidade os investimentos que se fan".

O Director de FIMOBLE afirmou que esta feira será un referente na comunidade: "Se esta nos sae ben, e contando co apoio do Alcalde e doutros estamentos, podemos chegar a convertila na primeira Feira do Moble de Galicia". Juan Carlos López explicou que están a traballar para redistribuir os espazos coa fin de poder aumentar o número de expositores.

FIMOBLE ofrecerá os últimos produtos en mobiliario en xeral, moble auxiliar, de xardín, xuvenil, tapizado, colchóns, iluminación e complementos de decoración.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova