Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Semana Santa lucense recupera a procesión máis antiga de Lugo e un paso deteriorado


# Martes, 20/03/2007
A Concelleira suliña o estudo hitórico para obter a distinción de Festa de Interese Turístico Galego

A Concelleira de Cultura, Concepción Burgo, acompañada por representantes das Confrarías de Lugo, presentou esta mañá o programa da nova edición da Semana Santa lucense, que contará con varias incorporacións ao seu programa.

A Concelleira suliñou que se trata dun recurso turístico de primeira importancia para a cidade, xa que o ano pasado Protección Civil estimou que unhas 150.000 persoas presenciaron as procesións. Ademais, o ano pasado, a ocupación hostaleira en Semana Santa foi o dobre que en todo o mes de agosto.

Concepción Burgo insistiu en que unha das prioridades do equipo de goberno foi a promoción deste evento para o que se solicita a declaración de Festa de Interese Turístico Galego.

De feito, o Concello está a preparar xa o dossier que acompañará a esta solicitude e no que figura un amplo estudo histórico "que nos permitiu redescubrir algunhas das marabillas desta cita e elementos importantes para consolidar a idea dunha Semana Santa enraizada e antiga".

Concepción Burgo explicou que esta distinción que se solicita para este evento "é un orgullo para os lucenses e ten un reclamo dende o punto de vista turístico que non está en contraposición coas crenzas relixiosas de cada un", dixo.

A Concelleira explicou que a Semana Santa de Lugo conta con elementos particulares como o Viacrucis pola Muralla e a procesión da Virxe dos Dolores. Recupérase este paso que se deixara de celebrar no 1967 por decisión da igrexa e que está considerada unha das máis antigas cun pasado máis aló do século XVII.

Citou tamén a procesión da Última Cea, que ten lugar o Xoves Santo, e que é única na Cristiandade por ser Lugo a Cidade do Sacramento. Fixo referencia tamén á do Santo Enterro, pola súa singularidade e á da do Domingo de Resurrección, protagonizada pola Virxe do Rosario, patroa do Concello.

Como en anteriores anos, estarán en Lugo a Marina, o Exército de Terra, a Policía Autonómica e a Policía Nacional. Segundo informou o Presidente da Xunta de Confradías, este evento supón a participación de entre 2.500 e 3.000 persoas, aínda que non todas saen como confrades.

Anunciou tamén que se recuperou un paso que fora deteriorado polas inclemencias do tempo, concretamente o Paso da Oración do Horto, que pertence á procesión da Virxe da Esperanza.

O Concello e a Xunta de Confrarías elaboraron unha guía das procesiones e un pequeno folleto de resumo más orientado aos turistas e dos que se repartirán 5.000 exemplares no primeiro caso e 7.000 no segundo.

Programa completo da Semana Santa


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova