Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A revista virtual Foeminas publica un novo número


# Venres, 17/08/2007
Os seus lectores xa a poden ler na web municipal

A revista Foeminas publica un novo número que xa se pode ler na páxina web. Esta publicación virtual chega ao número dezanove da súa andaina.

O sumario deste décimonoveno número aborda os seguintes temas:

- No apartado de Historia de Mulleres ríndeselle unha homenaxe á heroína María Pita.

- Na Galería de Arte presentamos a obra da gran artista vangardista Tarsila do Amaral.

- Na Portada ofrécese unha reflexión sobre a festa do orgullo gay, lésbico, bisexual e transexual celebrada en Madrid. Tamén en Portada, publícase o artigo “Mulleres ao Proxecto”, sobre unha exposición de muleres diseñadoras realizada en Canarias, escrito por Cristina Corral Soilán; e unha entrevista á fotógrafa Susana Girón.

- Tamén se inclúe o documento Viaxeras que achega ao lector á realidade de La Habana.

- Na sección Contemporánearroba preséntase a obra da pintora Ana Costas, e no apartado Mullerciclopedia, José Lemur ofrece unha crítica do último disco de Mala Rodríguez.

- Para pechar esta nova entrega mensual, en MullerRecetario publícase a exquisita forma de cociñar Humus de Gema Rodríguez Agüero.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova