Imprimir

EL SECRETO DE LOS MAC CANN PECHA O CICLO DE CINE DE VERÁN NA RÚA


21/8/2007 A proxección terá lugar o próximo xoves 23 de agosto na praza do Castiñeiro a partir das 22:30 horas

O vindeiro xoves 23 de agosto proxectarase a última película do Ciclo de cine de verán na rúa que organiza o Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias. Nesta ocasión os asistentes disfrutarán a partir das 22:30 horas na praza do Castiñeiro de El secreto de los Mac Cann. O filme conta a historia dun mozo que, obrigado pola súa nai, vai pasar o verán na granxa dos seus excéntricos tíos en Texas. Pouco a pouco o protagonista comprobará que as súas vacacións non resultarán tan aburridas.

Esta é a quinta película deste ciclo que comezou o pasado 27 de xuño e que se presentou como unha alternativa de tempo libre destinada especialmente ós máis novos, pero aberta a toda a poboación. Estímase que preto de 250 persoas disfrutaron xa das sesións gratuitas de cine nas que non faltou ningún detalle: grandes historias, a maxia da gran pantalla, flocos de millo e boa compaña.

A actividade lúdico-formativa foi subvencionada polo Plan Nacional de Drogras e presentouse como alternativa ó consumo de drogas en tempo de lecer.