Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello organiza unha excursión a Porto do Son dentro das actividades de verán


# Martes, 21/08/2007
A viaxe terá lugar este mércores, día 22 de agosto

A Concellería de Muller e Servizos organiza unha excursión a Porto do Son e á praia das Furnas, encadrada na programación de actividades de verán. Esta é a cuarta excursión de verán que se programa, despois das viaxes a Ferrol, San Andrés de Teixido e a Pontevedra.

Un total de corenta e nove persoas inscribíronse para paticipar nesta actividade que os levará á vila costeira de Porto do Son e gozarán dunha tarde de lecer na praia das Furnas.

A saída terá lugar ás 8:00 horas desde a rúa San Marcos e o regreso será ás 19:00 horas.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova