Imprimir

O CONCELLO ORGANIZA UNHA EXCURSIÓN A PORTO DO SON DENTRO DAS ACTIVIDADES DE VERÁN


21/8/2007 A viaxe terá lugar este mércores, día 22 de agosto

A Concellería de Muller e Servizos organiza unha excursión a Porto do Son e á praia das Furnas, encadrada na programación de actividades de verán. Esta é a cuarta excursión de verán que se programa, despois das viaxes a Ferrol, San Andrés de Teixido e a Pontevedra.

Un total de corenta e nove persoas inscribíronse para paticipar nesta actividade que os levará á vila costeira de Porto do Son e gozarán dunha tarde de lecer na praia das Furnas.

A saída terá lugar ás 8:00 horas desde a rúa San Marcos e o regreso será ás 19:00 horas.