Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Rematan as xornadas de convivencia entre os participantes nas colonias do Azkar e os nenos dos barrios de Lugo


# Martes, 21/08/2007
A última xornada terá lugar este mércores, día 22, a partir das 10:30 horas na Praza de Augas Férreas

Os cativos das Colonias de Verán Multideporte organizadas polo Azkar Prone participarán este mércores, día 22 de agosto, nunha xornada de convivencia cos nenos do barrio da Acea da Olga.

Esta actividade pón fin ao programa de xornadas de convivencia, entre os nenos que participan nas colonias do Azkar e os rapaces de diferentes barrios de Lugo, que organiza a Concellería de Muller e Servizos Sociais.

Comezará ás 10:30 da mañá e durará arredor de dúas horas. Os rapaces compartirán actividades ao aire libre cos cativos do barrio da Acea da Olga. Haberá xogos na rúa e talleres impartidos por monitores expertos que atenderán a todos os pequenos que se acheguen ata a Praza de Augas Férreas.

A filosofía desta iniciativa é fomentar a integración, a convivencia e a solidariedade entre os máis cativos e que os nenos que participan nas colonias compartan un día de lecer e sumen aos seus xogos aos cativos de Lugo.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova