Cargando....
Concello de Lugo
07/12/21
NOVAS
Escoita esta páxina

A Biblioteca Municipal acolle unha sesión de contacontos


# Mércores, 28/03/2007
Será ás seis e media da tarde dentro do programa de animación á lectura

A Biblioteca Municipal, situada no parque da Milagrosa, acollerá hoxe, xoves, unha nova actividade organizada dentro do ciclo promovido para a animación á lectura e contacontos, que organiza a Concellería de Cultura de Lugo.

A actividade será unha sesión de contacontos a cargo de Piticlina co título “A princesa Micifú”. Como nas anteriores ocasións, será ás seis e media da tarde.

O programa que continúa mañá levarase a cabo entre os meses de marzo e xuño, todos os xoves cada quince días, agás en Semana Santa, que será o martes.

A próxima actividade será o tres de abril e consistirá nun contacontos a cargo de Servando Barreiro.

Este amplo programa que se inicia agora está dirixido a nenos de entre 3 e 12 anos. Enmárcase nas políticas de impulso da Biblioteca, que xa están dando os seus froitos no aumento do número de préstamos e socios.

O programa anual de animación á lectura e contacontos contempla, para o primeiro semestre do ano, numerosas actividades entre o 22 de marzo e o 21 de xuño: contacontos, charlas sobre María Mariño (a escritora homenaxeada nas próximas Letras Galegas), talleres, actuación dun clown, varias actividades infantís dentro da Feira do Libro, etc.

Este programa de animación forma parte das políticas postas en marcha para impulsar a Biblioteca Municipal. A Concelleira de Cultura, Concepción Burgo, adiantou que para o vindeiro mandato un dos obxectivos é aumentar o orzamento municipal nesta dotación, mellorar as súas instalacións, solucionar os problemas de falta de espazo, comprar máis fondos e organizar máis actividades.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova