Cargando....
Concello de Lugo
29/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Festival de Música do Corpus iníciase en abril con 16 concertos


# Xoves, 29/03/2007
Ópera, música de cámara, solistas e concertos para nenos son os eixos principais do programa desta XXV edición, na que todos as actuacións serán gratuítas

O Concello de Lugo arrincará no mes de abril unha nova edición do Festival de Música Cidade de Lugo, coincidindo coa XXXV Semana do Corpus. O que xa está considerado como o mellor festival de música clásica de Galicia foi presentado hoxe pola Concelleira de Cultura, Concepción Burgo; o Director do Festival, Víctor Carou, e o representante da entidade colaborada Caixa Galicia, Sinesio Pérez.

Esta edición do festival contará novamente con diferentes estilos musicais repartidos en 16 concertos nos que estarán en Lugo as grandes estrelas do panorama lírico mundial.

Novamente, haberá diferentes secciones nas que se agruparán os concertos. Así, haberá un espacio dedicado aos 400 anos de historia da ópera. Neste apartado destaca o concerto inaugural ofrecido pola soprano Cristina Gallardo-Domas e o pianista N. Mederos. Será o 21 de abril no Círculo das Artes.

Neste apartado destaca tamén o día dedicado á ópera de Venecia do século XVII ou a representación de "Rodrigo", de Haendel.

O segundo ciclo deste festival é o dedicado á lírica e aos seus xéneros. A sucesión dos ciclos Schubert, as narracións barrocas, a ópera e a canción rusa ou as voces de América compoñen este bloque no que destaca a presencia de artistas de prestixio, algúns deles coñecidos en Lugo por outras edicións deste mesmo festival e doutras citas culturais.

Dentro do apartado habitual dedicado á música de cámara, destaca a presencia xa habitual da Orquestra de Cámara da Sinfónica de Galicia e un concerto de trompa.

Destaca no programa a presencia de dous pianistas de excepción, o cubano Paul Lewis, considerado xa como unha figura de prestixio internacional das máis relevantes, e Víctor Rodríguez.

Ábrese tamén un novo apartado con "Un instrumento, un solista" coa presencia de Florian Vlashi ao violín, José Manuel Dapena á guitarra e o coruñés Fernando López Pan no clave.

Volven este ano tamén os concertos en familia, nesta ocasión con "As catro estacións" de Vivaldi da Camerata Quiodi e "Bastián e Bastiana" de Mozart.

Este completo programa de concertos desenvolverase até o 9 de xuño e se utilizarán tres espazos para a promoción: o Círculo das Artes, a Fundación Caixa Galicia e o Conservatorio de Música. Como en anos anteriores, todos os concertos serán de libre acceso e gratuítos.

A Concelleira indicou que unha das funcións principais deste festival é dar a coñecer outro tipo de escearios, como son o Conservatorio de Música, ao que calificou de magnífico, ao mesmo tempo que se ofrece a estes alumnos a posibilidade de ver estas estrelas en directo.

A Concelleira e o Director do festival destacaron a altísima calidade dos concertistas e de todo o festival en xeral, que xa está recoñecido como o mellor de Galicia ocupando un papel destacado nas publicacións especializadas.

Concepción Burgo destacou os dous concertos para nenos "cos que se tenta captar aos máis pequenos no coñecemento da música clásica porque é a idade na que se ten que cultivar este tipo de inquietudes, porque a música clásica canto máis a escoitas máis te gusta", dixo.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova