Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello organiza unha excursión a Mondoñedo e a San Miguel de Reinante dentro das actividades de verán


# Luns, 27/08/2007
A viaxe terá lugar este mércores, día 29 de agosto

A Concellería de Muller e Servizos organiza unha excursión a Mondoñedo e a San Miguel de Reinante, encadrada na programación de actividades de verán. Esta é a quinta Excursión de Verán que se programa desde os centros sociais da cidade, despois das viaxes a Ferrol, San Andrés de Teixido Pontevedra e a Porto do Son.

Un total de corenta e nove persoas inscribíronse para paticipar nesta actividade durante a que realizarán unha visita aos monumentos de Mondoñedo e á vila costeira de San Miguel de Reinante, onde gozarán dunha tarde de lecer na praia.

A saída terá lugar ás 8:00 horas desde a rúa San Marcos e o regreso será ás 19:00 horas.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova