Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello fará entrega dunha nova bandeira á Armada durante o desfile e revista de tropas do luns


# Domingo, 01/04/2007
Un destacamento de Ferrol participará como todos os anos na procesión da Virxe da Esperanza e estarán todo o día en Lugo

O Concello de Lugo fará entrega dunha nova Bandeira de España á Marina, tal e como solicitaron tras o envellecemento da actual, cedida por este Concello hai 25 anos.

O acto de entrega da bandeira engrandecerá máis o acto realizado, como todos os anos, con motivo da procesión da Virxe de Esperanza, que organiza a Confraría que leva o mesmo nome e que ten como irmán maior á Armada Española.

Como todos os anos, unha unidade deste Corpo procedente de Ferrol chegará a Lugo pola mañá para formar diante da Casa do Concello. O Alcalde, José López Orozco, e o Almirante Xefe do Arsenal, Francisco Cañete presidirán o acto de revista de tropas e o desfile que realizan todos o anos e que causan unha enorme espectación entre os lucenses.

O Coronel do Terzo Norte, Juan Feal Vázquez, e o Alcalde, serán os encargados de poñer voz a este solemne acto, no que se fará entrega desta bandeira da man da Tenente de Alcalde e Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela.

Esta insignia esta gravada polas dúas caras co escudo e os textos propios das Forzas Armadas e conta con banderola e cuja pechada, corbata con cinta, lazo superior, fleco e portaestandarte.

Esta relación supón una nova mostra da intensa relación existente entre o Concello de Lugo e a Armada, que todos os luns santo acude a Lugo a esta procesión. A entrega da bandeira supón o asentamente desta relación de tantos anos.

Pola tarde a procesión dará comezo ás oito e media da tarde, unha vez reunida a comitiva no Concello. Por causa das obras, esta procesión sofrirá cambios no seu percorrido pasando a ser o seguinte:

Anxo Fernández Gómez, Calvo Sotelo, paseo dos Franciscanos, Bispo Aguirre, praza Maior, Alférez Provisional, Deán F. Varela, Clérigos, Pío XII, Bo Xesús, praza Santa María, Alférez Provisional, cantóns praza Maior, rúa da Raíña, Santo Domingo, Progreso, Xoán Montes, Raíña, praza Maior (diante do Concello) e Anxo Fernández Gómez.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova