Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Oficina Municipal de Turismo ofrece material específico para promocionar a Semana Santa


# Luns, 02/04/2007
Amplía o seu horario de atención, como todo os anos, para atender a demanda estimada

Con motivo da celebración da Semana Santa, a Oficina Municipal de Turismo, situada na praza da Constitución, ampliará o seu horario de atención ao público nunha hora.

Eso significa que o horario establecerase de dez a dúas, pola mañá, e de catro a sete, pola tarde.

Esta ampliación de horario de atención turística prodúcese todos os anos para facer fronte á esperada chegada de visitantes, que novamente se espera que sea importante.

A Oficina de Turismo ofrece estes días como material novo unha guía elaborada polo Concello e a Xunta de Confrarías na que se recollen horarios e percorridos das procesiones así como as peculiaridades históricas das mesmas. Repartiranse un total de 5.000 exemplares, pero tamén foi elaborado un pequeno folleto máis reducido e máis orientado, pola súa facilidade de manexo e polo seu contido, para os turistas. Deste elaboráronse 7.000 exemplares.

Por outra banda, a oficina continúa tamén a repartir material de reciente confección sobre o turismo en Lugo, que foi elaborado polo Plan de Excelencia Turística depedente da Concellería de Cultura.

A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, suliñou que se trata dun recurso turístico de primeira importancia para a cidade, xa que o ano pasado Protección Civil estimou que unhas 150.000 persoas presenciaron as procesións. Ademais, o ano pasado, a ocupación hostaleira en Semana Santa foi o dobre que en todo o mes de agosto.

Concepción Burgo insistiu en que unha das prioridades do equipo de goberno foi a promoción deste evento para o que se solicita a declaración de Festa de Interese Turístico Galego. O Concello está a elaborar un dossier histórico sobre o significado destas festas e a aclamación popular que teñen.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova