Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello recibe ao Exército de Terra antes da procesión do Bon Xesús


# Martes, 03/04/2007
O desfile de tropas e a actuación da banda do Exército atraíron moito público

O Alcalde, José López Orozco, e os demais membros da Corporación recibiron a un grupo de soldados da Compañía Brilat do Exército de Terra, ao mando do Coronel Lorenzo Fernández Navarro de los Paños.

Así mesmo, o destacamento, acompañado pola banda de cornetas e tambores do Exército desfilou pola Praza Maior para formar diante da Casa Consistorial.

O Coronel, que firmou no Libro de Honra do Concello, agradeceu neste documento o recibimento que todos os anos se brinda a este grupo de soldados por parte da cidade de Lugo e tamén por parte do Concello. Fixo referencia á honra que sinten ao poder formar parte desta procesión e polo agarimo con que se acolle o desfile da banda do Exército.

O Alcalde entregou ao Coronel unha praca en lembranza do día de hoxe, no que, como todos os anos acompañaron á Confraría do Bon Xesús, da que son irmáns maiores.

Para recibir ás tropas estiveron tamén as distintas autoridades dos Corpos e Forzas do Estado, así como outras autoridades civís e militares. Novamente, a chegada dos soldados congregou na Praza Maior e nas rúas polas que discorre a procesión un grande número de persoas.

Galerías de fotos da Semana Santa




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova